18 de junio de 2018

FORTALÉCENOS SEÑOR

No nome do Pai do Fillo e do Espíritu Santo. Amén
Lector: 
Hai séculos, Galileo escribía: “Que maior estupidez podemos imaxinarnos que a de cualificar de “valiosas” cousas como as xoias, a prata, o ouro e, en cambio, considerar como “viles”, “insignificantes” o planeta e o chan” A xente que obra así debería recordar que se, nalgunha ocasión, a terra e o chan fosen tan escasos como as xoias ou os metais preciosos, non habería ningún príncipe que non estivese disposto a pagar unha bolsa chea de diamantes e rubís ou unha carreta cargada de xoias, para conseguir, simplemente, o pouquiño de terra necesaria para plantar un xasmín nun pequeno testo, ou para sementar unha semente de laranxa e observar como empeza a agromar, como crece e como produce, ao fin, as súas fermosas follas, as súas flores perfumadas e o seu froito exquisito” 

Recitamos xuntos:
Bendí, alma miña, ao Señor! 
Oh Deus, que grande es!...
 Revestícheste de esplendor e maxestade.... 
asentaches a terra nos seus alicerces e non vacilará...
 Pola túa palabra levantáronse as montañas e os vales descenderon ata o lugar que ti sinalaras para eles .... 
enchiches de harmonía toda a terra.  

Respondemos xuntos o que está en negrilla e un lector dí as oracións:
Lector:Oremos para que a humanidade saiba pasar dunha visión totalmente antropocéntrica da vida, á convicción de que a Terra é unha comunidade de suxeitos, unha unidade total da que todos e cada un/a formamos parte: 

Pedímosche humildemente que nos fortalezas. 
Lector:Oremos para que os nosos esforzos e os doutras persoas consigan que as multinacionais e os gobernos respecten a limitación dos recursos naturais e se ocupen da protección do medioambiente: 

Pedímosche humildemente que nos fortalezas. 

Lector: Oremos  para que os nosos esforzos e os doutras persoas poidan protexer os recursos naturais que serán necesarios para a supervivencia das futuras xeracións: 

Pedímosche humildemente que nos fortalezas. 

Lector:Oremos Para que aquelas persoas cuxos corazóns están endurecidos pola ambición e a indiferenza, saiban extraer os tesouros de amor que hai no seu corazón: 

Pedímosche humildemente que nos fortalezas. 

Pensemos un momento, en silencio, que podemos facer para remediar o dano causado á Terra. Comprometamonos a por da nosa parte para remediar o que esté ao noso alcance.

Gloria ao Pai, ao Fillo ao Espíritu Santo. Amén.