19 de noviembre de 2020

ESCOITANOS, PAI

 No nome do Pai, do Fillo e do Espíritu Santo. Amén


Neste momento difícil e incerto por mor dos rebrotes do Covid19, elevamos a Deus, o noso Pai, refuxio e fortaleza na dificultade, as nosas oracións dicindo: 

ESCÓITANOS, PAI.

Oramos por nos, para que sexamos portadores de consolo e esperanza a cantos sofren por mor da incerteza e a dor causada polo Covid19. 

Agardamos silencio para orar e decimos xuntos:

ESCOITANOS, PAI

Oramos polos que padecen o contaxio do Covid19, polos seus familiares, por quen está en corentena e por cuantos ven afectada a súa atención sanitaria pola prioridade de deter a pandemia. 

Agardamos silencio para orar e decimos xuntos:

ESCOITANOS, PAI

Oramos polo persoal  que ofrecen o seu traballo profesional ou voluntario con xenerosidade aínda con perigo da súa propia saude. 

Agardamos silencio para orar e decimos xuntos:

ESCOITANOS, PAI

Oramos polos que quedan na casa, a miúdo con sacrificio pero con sentido o de responsabilidade polo ben común. 

Agardamos silencio para orar e decimos xuntos:

ESCOITANOS, PAI

Escoita, Pai, as nosas pregarias, e ven  no noso auxilio, Tú que es clemente e compasivo. 

Amén